martes, 16 de marzo de 2010

XA TEMOS A FOTO GAÑADORA DO CONCURSO

Und der Gewinner ist: Hugo Nieto Rey (1. Jahr Deutsch)

martes, 2 de marzo de 2010

O departamento de alemán convida a todo o alumnado da EOI de Lugo a participar no:

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA:

DIE DEUTSCHSPRACHIGE WELT IN BILDERN“

(“o mundo de fala alemana en imaxes“)

Achega as fotos das túas viaxes, ou calquera outra foto que fixeras ti e que teña que ver co tema proposto ao departamento de alemán da EOI de Lugo.

¡Anímate! ¡Participa! ¡Hai premio!

BASES DO CONCURSO:

· Ser alumno/a da EOI de Lugo.

· As fotografías deben ser inéditas.

· As fotografías presentaranse en formato JPEG.

· As fotos deberán ir acompañadas dos seguintes datos: lugar de realización da foto, nome do autor, DNI, idioma, curso, email e nº de teléfono de contacto.

· As fotos deberán ser enviadas ao noso enderezo: departamentodealeman@gmail.com antes do día 8 de marzo de 2010.

· As fotografías estarán expostas no centro durante a semana cultural. Ademais estarán penduradas no blog do departamento:

http://departamentodealemaneoilugo.blogspot.com/

· A foto gañadora será elixida por todos os membros da comunidade escolar que así o desexen. A este efecto poñerase a disposición de todo aquel que queira votar unha urna a carón das fotos expostas.

· O xoves 11 de marzo ás 20:00 horas farase o reconto público de votos e darase a coñecer o gañador. A continuación, entrega do premio.

PREMIO:

CEA PARA DÚAS PERSOAS NA ABADÍA DE VIRIATO